O concello de Culleredo dispón de P.X.O.U. aprobado o 29 de xullo de 1987 e a súa normativa publicada no BOP 226 de 30 de setembro de 1988. Ademais dispón como planeamento vixente dos sucesivos plans de desenvolvemento e modificacións aprobadas dende a data.
É importante ter en conta que este servizo recolle exclusivamente planeamento urbanístico, polo que as condicións edificatorias das parcelas poden verse alteradas en maior ou menor medida pola aplicación da Lei 02/16 do Solo de Galicia, ou por outra normativa de carácter sectorial (estradas, costas, aeroporto, patrimonio...) polo que se aconsella efectuar sempre unha consulta cos técnicos municipais para corroborar a información urbanística obtida no mesmo.
Actualmente o planeamento urbanístico de Culleredo pode ser consultado a través da páxina do SIOTUGA (Sistema de información de ordenación do territorio e urbanismo de Galicia), que pode ser accedido no seguinte enlace:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/visor
Para consultar o planeamento de Culleredo será necesario seleccionar no despregable titulado "Concello" o concello "Culleredo - 15031"
Así mesmo, pode consultar a seguinte información urbanística:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER