As oficinas da Policía local, Protección Civil e Educación viaria están situadas na rúa María Cagiao, nº 3-5, baixo, Fonteculler-Rutis, Culleredo.
Teléfonos:
Cadro de persoal:
Funcións da Policía local:
Segundo o disposto no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade, son funcións da Policía local as seguintes:
-
Protexer as autoridades das corporacións locais e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
-
Ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito da súa competencia no solo urbano que legalmente se delimite, de acordo co que se establece nas normas de tráfico e seguridade viaria.
-
Instruír atestados por accidentes de circulación no ámbito da súa competencia dentro do solo urbano que legalmente se delimite.
-
Actuar como policía administrativa, no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
-
Participar nas funcións da policía xudicial, na forma que establece o artigo 29.2 da Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade.
-
Prestar auxilio, nos casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, en canto á execución dos plans de protección civil.
-
Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración que se estableza nas xuntas de seguridade.
-
Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Policía de Galicia na función de seguridade cidadá.
-
Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para iso.