As nenas e nenos do Concello de Culleredo teñen a diversión garantida nas vacacións de Semana Santa. Un ano máis, a área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o Campamento de Primavera, unha iniciativa que facilita a conciliación das familias durante o período non lectivo.
A transformación de Vilaboa dá un novo salto. Esta semana comezaron as obras de remodelación do tramo restante da avenida principal e da praza Sagrada Familia, onde máquinas e operarios xa traballan sobre o terreo.
Culleredo latexará co Entroido durante o mes de febreiro. O Concello deu a coñecer este mércores un amplo programa que recolle actividades para todos os públicos e a tradicional romaría de San Blas de Veiga.
Consulta neste apartado os boletíns informativos de Xuventude Culleredo, onde poderás atopar unha selección de procesos selectivos, concursos, certames, convocatorias a premios, bolsas, axudas, obradoiros e cursos.
O Conservatorio Municipal de Culleredo organiza unha xornada de música e lectura na tarde do vindeiro 11 de marzo.
Aprobación da concesión de subvencións municipais destinadas a clubs e asociacións deportivas de Culleredo para o mantemento e realizacion de actividades deportivas.
O Concello de Culleredo publica a listaxe de persoas preinscritas nas Aulas de Estimulación Mental, actividade dirixida ás persoas maiores que comezará o próximo mes de xaneiro.
As listaxes definitivas sairán o día 23 de decembro.
O Concello de Culleredo oferta un programa de Estimulación Mental dirixido ás persoas maiores. Comezara no mes de xaneiro.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en data 29/10/2025, aproba ao Concello de Culleredo a concesión dunha axuda, solicitada segundo a Orde de convocatoria, do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER