Culleredo celebra o sábado 17 de maio a súa Feira de Artesanía con máis de 60 postos e varias actuacións

O Concello de Culleredo organiza este sábado, 17 de maio, a súa tradicional Feira de Artesanía, coincidindo co Día das Letras Galegas. Terá lugar na praza Europa do Burgo en horario de 11:00 a 20:00 horas.
 

Desconvocado o pleno ordinario do 29 de abril ao non poder cumprir os prazos legais por mor do apagamento

O Concello de Culleredo desconvoca a sesión ordinaria do pleno da corporación prevista para o martes 29 de abril ao non cumprirse os prazos legais de disposición da documentación tras a interrupción da subministración eléctrica.

 

O alcalde de Culleredo destaca o exemplo da veciñanza e dos efectivos de seguridade ante o apagamento

O Concello puxo en marcha un operativo especial aos poucos minutos de producirse o apagamento para garantir a atención á cidadanía

Apertura do prazo de solicitudes para participar na Feira de Artesanía

O vindeiro 17 de maio celebrarase na praza Europa do Burgo a tradicional Feira de Artesanía, actividade coa que se conmemora en Culleredo o Día das Letras Galegas. Para participar, as persoas interesadas poderanse inscribir a través dun formulario web habilitado desde o 24 de abril ás 9:00 horas ao 30 de abril ás 14:00 horas.

Culleredo presenta a programación do ciclo de primavera do ‘Culleredo en Escena’ 2025

O Concello de Culleredo presentou a programación do ciclo de primavera do ‘Culleredo en Escena’, que regresa o venres 25 de abril coa primeira obra da tempada. En total, o programa municipal contempla seis actuacións, estendéndose ata o próximo mes de xuño.

Volven as ‘Mañás de Campamento’ do Concello de Culleredo para facilitar a conciliación durante o verán

O Concello de Culleredo pon en marcha, un ano máis, o programa de conciliación ‘Mañás de Campamento’, unha iniciativa que facilita a conciliación ás familias durante o verán. O prazo para solicitar praza neste campamento abre o mércores 23 de abril e deberá facerse a través dun formulario en liña a partir das 9:00 horas. A iniciativa está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil ou Primaria nalgún dos centros de Culleredo.
 
 

Cambios na organización do feirón de Culleredo do domingo 13 de abril polas obras na zona

O tradicional feirón de Vilaboa, que se celebrará este domingo 13 de abril, experimentará algunhas modificacións debido ás obras que se están levando a cabo nesta zona do Concello de Culleredo.
 

Corte ao tráfico da rúa San Xiao

O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico do tramo provincial da rúa San Xiao, en Almeiras, a causa da execución dos traballos de renovación da vía por parte da Deputación da Coruña.

O programa EducaCulleredo achega o teatro aos estudantes dos institutos

O alumnado dos institutos de Culleredo participa estes días na iniciativa ‘Teatralízache: Alta Costura’, unha proposta que forma parte do programa municipal EducaCulleredo e que achega o teatro á mocidade do municipio.
 
 

O Concello de Culleredo activa os Consellos Sectoriais

O Concello de Culleredo activa os Consellos Sectoriais como foros para a participación cidadá. Trátase de órganos de carácter informativo, de control e de formulación de propostas de interese para a veciñanza. Os Consellos están compostos por representantes das asociacións inscritas no rexistro municipal, así como polos grupos políticos que forman parte da corporación.

 

O Concello de Culleredo dá un paso máis á transformación urbana de Fonteculler co inicio de obras en Rafael Alberti

O goberno local de Culleredo dá novos pasos na transformación integral de Fonteculler, un dos principais núcleos residenciais, con proxectos que contan cun investimento de máis de 2 millóns de euros. En concreto, o Concello acaba de iniciar as obras de renovación da rúa Rafael Alberti e as prazas adxacentes, xa adxudicou a modernización da iluminación pública na avenida principal, e presentou o proxecto de “Avenida da Ría” á convocatoria de fondos europeos.

Intervención integral na contorna do CEIP de Tarrío para aumentar a seguridade viaria

Unha intervención integral, redactada polo Concello de Culleredo e que executará a Deputación da Coruña, incrementará a seguridade viaria na contorna do CEIP de Tarrío. O investimento superará os 384.000 euros co obxectivo de proporcionar unhas condicións adecuadas aos centos de alumnos do centro e aos veciños da zona.

Inspección e avaliación dos danos ocasionados na obra do edificio da Avenida de Rutis

Os técnicos municipais, realizaron hoxe a inspección e avaliación de danos ocasionados por esta obra no edificio da Avenida de Rutis, que afectou ao subministro de auga e de luz pública.

Para evitar riscos, e dadas as inclemencias meteorolóxicas, procedeuse a cortar a vía en ambos sentidos de circulación na Avenida de Rutis, diante da obra.

O Concello instou á empresa construtora do edificio a que tome medidas de maneira inmediata co obxectivo de asegurar a zona.

O servizo de auga xa está restablecido e volvendo á normalidade, mentres que rede eléctrica da iluminación pública está parcialmente danada debido á caída dun poste de luz, polo que hai varios puntos de luz públicos afectados.

A empresa dispoñía do mapa de conducións de redes e de servizos, polo que tiña que ter tomado medidas para evitar esta incidencia. O Concello de Culleredo procederá a abrir expediente á empresa.

Rotura na rede de abastecemento de auga en Acea de Ama

A primeira hora da mañá de hoxe, sábado 22 de marzo, tivo lugar unha rotura na rede de abastecemento de auga en Acea de Ama, causados polos traballos na obra dunha edificación particular, que provocou o derrumbe de parte da beirarrúa, afectando ás tubaxes.

Isto causou a rotura dunha das conducións de auga ao Burgo e provocou cortes e pérdida do caudal en practicamente todo o núcleo desta zona.

Os operarios do servizo de abastecemento de auga municipal xa restableceron o subministro, pero a zona poderá ter episodios puntais de turbidez na auga que irán remitindo ao longo da mañá.

Desde o Concello de Culleredo agardamos que o servizo volva á normalidade na maior brevidade posible.

O Concello de Culleredo lanza o seu Campamento de Primavera 2025

O Concello de Culleredo lanza o Campamento de Primavera 2025 para a vindeira Semana Santa. O obxectivo é facilitar a conciliación. O prazo de preinscrición abre o luns 17 de marzo.

Culleredo prepárase para conmemorar o Día Internacional da Muller cunha ampla programación con charlas, exposicións e máis actividades

O Concello de Culleredo prepárase para conmemorar o Día Internacional da Muller este próximo 8 de marzo, presentando unha ampla programación baixo o lema ‘Dereitos, igualdade, empoderamento’ que inclúe charlas, exposicións e un concerto. Estas actividades serán abertas para todos os públicos e contarán con entrada libre e gratuíta, aínda que tamén haberá outras destinadas a usuarios de diversos centros.
 
 

Culleredo prepárase para recibir o Entroido cunha ampla programación para todas as idades

O Concello de Culleredo prepárase para recibir o Entroido cunha ampla programación para pequenos e maiores. Haberá festas os días 28 de febreiro e 1 de marzo, así como animación nos centros sociais municipais entre os días 2  e 5  de marzo.
 

O Concello inicia un servizo urxente de mantemento verde no paseo marítimo

O Concello de Culleredo executa un servizo urxente de acondicionamento das zonas verdes e axardinadas do paseo marítimo do Burgo. Os traballos iniciáronse pola contorna da ponte. Durante os próximos días, os operarios efectuarán tarefas como cortar a herba e arranxar os xardíns ao longo do paseo marítimo.

Culleredo será unha das sedes do Campionato de España de Fútbol de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16

O Concello de Culleredo será unha das sedes do Campionato de España de Fútbol de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16, que se celebrará do 7 ao 9 de febreiro. O torneo disputarase en varios puntos da provincia da Coruña, sendo o municipio cullerdense un dos elixidos.

 

Culleredo acollerá varios obradoiros, charlas e actividades gratuítas dentro do proxecto teatral 'Punto en Boca'

O Concello de Culleredo acollerá nos meses de febreiro e marzo varios obradoiros, charlas, actividades e unha performance dentro do proxecto teatral 'Punto en Boca', con propostas que se desenvolverán en distintos puntos do municipio.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina