Ruta PR - G 111

Ruta homologada de pequeno percorrido, é dicir, de menos de 50 km. Percorre os concellos de Arteixo, Culleredo e Carral. Ten unha duración de 27 km, aínda que se pode ampliar. Comparte parte do percorrido co roteiro do Xalo e dos Sete Regos. 

A ruta é lineal e comeza en Arteixo, o punto de inicio se sitúa no paseo fluvial da Baiuca, na Ponte do Ba. De aí pártese cara a Loureda, onde se pode facer unha parada na igrexa de Santa María. De orixe románica, do século XII, hoxe conserva a ábsida. Ao longo do tempo modificou o seu aspecto e hoxe en día presenta unha fachada neoclásica, o seu retablo é unha xoia do século XVIII do mesmo escultor do retablo da Transfiguración de Orro, Xosé Ferreiro.

Seguindo o percorrido, pásase por Canzobre para posteriormente cruzar ao Concello de Culleredo, onde en Bregua podemos atopar a antiga estación, hoxe en día convertida en lugar de restauración. Camiñando chégase a Boedo, e o percorrido ata Cabana faise co río Valiñas de compañeiro, onde comeza a subida ao Xalo. O ascenso será de máis de 400 metros, pero as vistas panorámicas de toda a bisbarra, así como o goce da natureza valerá a pena. Este é un lugar importante para a zona, pola súa flora e fauna, pero tamén polo seu legado con mámoas, petroglifos, formacións rochosas e numerosas lendas. Así como un lugar no que practicar actividades como a escalada, recollida de cogomelos ou a observación de aves forestais.

Despois da subida comeza o descenso que levará por Folgueira, en Castelo, onde localizaremos unha área recreativa. O final xa está preto, e seguindo o camiño chegarase á igrexa de Santo Estevo de Paleo, punto final da ruta, trátase dunha igrexa de estilo neoclásico.

Ademais se pódese desviar a ruta para visitar os muíños do rego das Xesteiras, a torre e a igrexa de Santa María de Celas.

Esta ruta está incluída no Roteiro Mariñán, unha serie de roteiros creados na Comarca das Mariñas coruñesas, un auténtico anel verde.

 

Inicio: Arteixo- Ponte do Ba

Chegada: Carral- Igrexa de San Estevo de Paleo

Distancia: 27 km

Duración: 8 h. (ida) / No Concello de Culleredo: 5 h.

Dificultade: Media – Alta

Desnivel: 495 m