Ruta do Rego das Xesteiras

A parroquia de Celas ademais de ter no seu haber a Torre, a Igrexa ou as vistas do Xalo, ten tamén a ruta polo Rego das Xesteiras. Esta ruta, que transcorre na súa totalidade por Celas, nos achega á etnografía e á xeografía fluvial e a súa vexetación. Onde se non se poderían ver 11 muíños ao redor dun rego?

Esta ruta percorre o Rego das Xesteiras que descende do Monte Xalo. A vexetación que nos atopamos é de ribeira con árbores coma carballos. Un dos espectáculos máis recomendables desta ruta é a observación de cabaliños do demo, tamén chamados libélulas, que tinguen de azul profundo a ruta, permitindo ao camiñante desfrutar do espectáculo nos meses de maio a agosto especialmente. Tamén os bolos graníticos nos acompañan no noso camiño. 

Na década anterior foron recuperados os muíños, os de Fraganova e Ramallal, no inicio e final de ruta, foron recuperados na súa funcionalidade orixinal. Esta ruta nos fai rememorar a forte unión que existía entre o agro e os veciños desta poboación, nunha economía baseada no cultivo de cereais que tiñan nos muíños un instrumento básico para a súa vida. A maioría dos muíños pertencían a varias familias que eran co-propietarias dos mesmos, de feito herdan os seus nomes. A mecanización e a evolución cara un abandono do sector primario fixo que perderan o seu uso, pero non a súa fermosura e historia. 

En conclusión, ao longo dun percorrido de 1 km poderemos coñecer uns muíños, bolos graníticos e pasear por un entorno fluvial, deixándonos fascinar polas cores verdes e o son da auga. Un espazo de lecer a escasos metros da Torre de Celas e da Igrexa de Santa María. Anímaste?

DATOS DA RUTA:
Ruta de percorrido lineal que enlaza co Roteiro do Xalo e dos Sete Regos- BTT.

Inicio: AC-400
Chegada: Estrada á Ermida
Distancia: 1 km (ida)
Duración: 20 min (ida)
Dificultade: Media

Coordenadas Inicio:
43°14’56.6″N 8°24’40.1″W
43.249063, -8.411138

Coordenadas Chegada:
43°14’38.4″N 8°25’03.3″W
43.244003, -8.417573