Igrexa parroquial de Vilaboa

A igrexa parroquial de Vilaboa é un dos monumentos de arquitectura relixiosa máis recentes do Concello. Construída nos anos 60, ten ao seu redor un atrio cun cruceiro.

Aínda que non destaca pola súa arquitectura, dentro esconde un tesouro en forma de cadros. En concreto no seu parvulario, pero tamén na propia igrexa, onde se poden observar tres cadros do artista Urbano Lugrís. Pintor contemporáneo que destaca polos seus cadros con motivos mariños e as súas cores. Unhas auténticas obras de arte que merece a pena contemplar.

Onde:
Avenida de Vilaboa
15174 Vilaboa

Coordenadas:
43°19’01.9″N 8°23’04.5″W
43.317185, -8.384574