Igrexa de Santa María de Rutis

A igrexa de Santa María de Rutis é outra das igrexas da parroquia de orixe medieval. Como moitas delas, a súa construción data do século XII e era de estilo románico, pero co paso dos séculos sufriu remodelacións ata chegar á igrexa que existe hoxe en día, que pouco ten que ver coa construción inicial. Existe na mesma parroquia outra igrexa, a que posúe as obras de Urbano Lugrís, de recente construción e a día de hoxe a sede parroquial.

Dunha soa nave rectangular e cabeceira cuadrangular, non se pode deixar de visitar na ábsida da igrexa os seus capiteis moi traballados e con motivos vexetais. Na parte superior dos mesmos, o ábaco, decorado con animais fantásticos. Ademais é moi interesante observar o Agnus Dei ou cordeiro pascual cunha cruz que simboliza a Xesús sacrificado, no teito exterior da cabeceira.

Outro monumento que dá conta do pasado do concello e onde poder gozar da herdanza deixada e modificada co paso dos séculos.

Onde:
Rúa Santa Bárbara
15174 Castro – Laxe

Coordenadas:
43°18’52.5″N 8°23’30.0″W
43.314569, -8.391667