A Fábrica da Cross

Na parroquia de Sésamo atopamos a ermida de San Cosme, emprazada nun alto. Aos seus pés, o Val de Veiga, esta ermida está situada no antigo castro, do que hoxe en día se poden intuír os muros defensivos e algúns muros de casas circulares.

Na ladeira da montaña a ermida de San Cosme dá testemuña do paso do tempo. Construída no século XII, de estilo románico orixinalmente, foi remodelada no século XVII e XVIII. Neste século XVII sofre tamén o verse relegada pola nova Igrexa de San Martiño, construída nunha zona máis baixa.

A día de hoxe preséntanos unha cabeceira románica rectangular, diferenciada da nave, cunha ventá no exterior con pequenas columnas con motivos animais e pequenas arquivoltas, ademais de canzorros. No interior un arco triunfal dá paso ao altar, con bóveda de canón e arcos de medio punto. Estes arcos están apoiados en columnas con capiteis con motivos vexetais.

Unha visita a un entorno natural, con restos do pasado e zona con grellas, no que cada primeiro domingo de agosto, se pode desfrutar da tradicional romaría coa que a Ermida toma vida, e recibe as imaxes de San Cosme e San Damián trasladadas dende a Igrexa de San Martiño.

Un punto no que a idade prehistórica, media e moderna se atopan nun mesmo lugar.

Sen lugar a dúbidas esta zona constitúe un dos lugares destacados na visita ao Concello de Culleredo.

Onde:
Rúa de San Cosme
15199 Sésamo

Coordenadas:
43°16’37.9″N 8°23’14.9″W
43.277202, -8.387466